Reprodutor de programas O Souto [Rádio FilispiM]

segunda-feira, 25 de outubro de 2010

Volve "O Souto" á grelha de Rádio FilispiM [curso 2010/2011].






Xa na grelha filispiniana 2010/2011, volve as ondas da LIBRES e COMUNITARIAS da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, o programa de ecoloxía e medio ambiente do colectivo ADEGA.

O SOUTO pode ouvirse na vosa radio nos seguintes días e horas:
DIRECTO: segundas feiras [luns] de 20:00 á 21:00 h -> Chama ao Nês por telefone ao 675.431.341 [Tlfne. estudio Rádio FilispiM]
DIFERIDO: quintas feiras [xoves] de 12:00 á 01:00 h. da madrugá e ademáis de 10:00 a 11:00 h. da mañá. Os sábados tamén, de 16:00 á 17:00 h.
Poderás ouvir os programas ao través do REPRODUTOR habilitado na parte superior deste blog. Ademáis, no blogue do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM.

sábado, 12 de junho de 2010

Última emisión [grella 2009/2010] do programa de ecoloxía e meio-ambiente de ADEGA-Trasancos na radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM.

Según as verbas do condutor do programa, Nês: "Despois de sete meses e meio no caso de O Souto, penso que ben merecemos un pequeno descanso. Agardamos de todos os xeitos voltare nos mes de setembro con novos folgos para continuare traballando pola consolidación dun proxecto fundamental para a transformazón social. É dicir, un medio de comunicazón ao servizo da xente feito por colectivos sociais ou xente particular para ser nós mesmas quen xestionemos a informazón, informazón que transmitimos ao resto da sociedade que nos sintoniza."

"Este é un principio fundamental e fundacional de Rádio FilispiM, como tambén de outras moitas radios libres e comunitarias espalladas polo País. Así que vos animamos a que nos comezos do proximo curso radiofónico [setembro] ; a que fagades parte deste proxecto colectivo en defensa dos valores sociais e defensa tambén do País. Para celebrarmos máis un ano das emisións de Rádio Filispim temos [para o día 8 de xuño de 2010 ] unha nova Sesión Vermú como feche da programación deste curso 2009-2010...".


No programa de hoxe, Nès, ademáis falounos do Comité de Emerxencia para Ría de Ferrol, da Sociedade Galega de Historia Natural [SGHN], da revista Cerna [ADEGA], de Radio Cerna e tambén de Andalucita de Pico Vello, ademáis de pórnos moita música:

Descargar o audio

quarta-feira, 18 de março de 2009

O Souto, o programa de ecologia e meio ambiente de ADEGA-Trasancos em Rádio Filispim.


O Souto é um programa de ecologia e meio ambiente realizado por ADEGA-Trasancos e dirigido e apresentado por Ernesto Lopes.

A temática do programa é tudo o relacionado com o meio ambiemte, mas centrado nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, aliás também adicamos espaço para falar das festas tradicionais (samhaim, solstícios, entrudo, maios, etc.).

Falamos das agressons ambientais, das actividades dos diferentes colectivos ecologistas, dos espaços naturais galegos, da vida das pessoas que ao longo da história contribuírom a um maior e milhor conhecimento do mundo natural ou ao nascimento do movimento ecologista, de quando em ves algo de "poesia ambiental", para tudo isto conto com a colaboraçom de diferentes pessoas que desemvolvem um trabalho nestes campos, aliás conto com a habitual colaboraçom (mais ou menos cada cinco progamas) de Alexandre Carrodéguas para reflexionar dende umha perspectiva ecologista sobre diferentes questons sociopolíticas.

O Souto emítese ao vivo segundas feiras de 8 a 9 do serám e em diferido quartas feiras de 12 a 1 da noite, quintas de 10 a 11 da manhá e sábados de 4 a 5 da tarde, aliás podelo escuitar quando queirades no blogue do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, opaii.blogspot.com ou mesmo neste blogue.